Benqueridas familias,
Unha vez rematada a segunda e última parte dos Xoves Olímpicos deste ano, deixámosvos aquí dúas ligazóns a Canva para que poidades ver os xogos que fixemos, tanto da primeira edición (ata Entroido) como da segunda.
Atoparedes unha explicación dos xogos e fotos de como xogamos. A clasificación foi actualizada semana a semana no taboleiro do ximnasio; na última páxina podedes ver a clasificación final.
Esperemos que sexa do voso agrado.
Un saúdo e feliz verán!
https://canva.link/qvelgh4v182ilhn
https://canva.link/tfrkmono54loqk9
.png)
.png)
